miércoles, 8 de junio de 2011

OS FUTUROS CONCHEIROS

O día dous de xuño visitáronnos os futuros Concheiros, que son os alumnos/as de 5 anos na EEI As Dunas. Viñeron coa súa profe Eva e a Directora Mª del Carmen. Estaban moi nerviosos pois ían coñecer o seu futuro colexio.
Foron recibidos po Pastora a Orientadora que foi a que se encargou da organización. Primeiro toleounos a todos coa decoración das clases e puxémola preciosa, os nenos e nenas de 2º traballaron moitísimo para decorala, pintala, fixeron debuxos......cremos que lles gustou moito como quedou.
Xuntámonos todos e todas na clase de Inglés e Pablo fixo unha dinámica de grupos para coñecernos un pouco pasámolo moi ben todos.



Cando rematamos coa presentación fomos á Biblioteca ¡que bonita é¡ e alí estaba esperando Sara de 3º da ESO para contarnos un conto.



Logo démoslle a sorpresa de ensinarlles o pavillón que é enorme e alí estaba Victor para facer un xogo deportivo con todos nos.



A gran sorpresa levárona cando lles ensinamos o colexio, algúns de 2º de EP explicaron cada espacio do colexio e o significado dos murais que temos polos corredores, Descubrimento de América, Frida Khalo, ......logo foron a súa futura clase e levaron unha gran alegría cando viron que tiñamos fotos deles nun mural que puxemos no corredor ao lado da clase.


Despois de verse ben no mural, entraron na clase que lles gustou moitísimo. Eles trouxeron un agasallo para todos nos, un libro no que se presentaban e explicaban como era cada un deles, a profe gardouno moi ben porque seguro que sexan maiores vai a gustarlles moito velo.



Dámoslle a BEBVIDA a todos eles e esperamos que sexan moi felices neste cole e que aprendan moitas cousas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario